Dende o comezo da crise capitalista, estamos a asistir a un completo desmantelamento do chamado “Estado de Benestar” por parte dos grandes empresarios e banqueiros, un desmantelamento levado a cabo polos seus cans de presa, os gobernos das grandes potencias europeas e mundiais.
No caso do Estado Español o goberno do PP, pero tamén o último goberno de Zapatero, non tivo ningún problema en atacar as conquistas que con tanto esforzo conseguiron o movemento obreiro e estudantil durante os últimos 30 anos: reducindo o gasto sanitario e educativo; impoñendo leis represivas para tratar de impedir que a xente saia ás rúas a protestar; convertindo ós traballadores en pouco máis que escravos ó servizo das grandes empresas, que non teñen reparo en mandar á miseria a familias enteiras a base de EREs...
E mentres todos estes miserables esixen que “fagamos sacrificios”, eles gastan milleiros e milleiros de cartos en todo tipo de luxos noxentos, dende cacerías ata “clubes de alterne”.
Dende o Sindicato de Estudantes consideramos que todo isto é produto da podredume do capitalismo, un sistema que permite que as 85 persoas máis ricas do mundo teñan tanto coma os 3500 MILLÓNS máis pobres. E a única forma de derrotar a este sistema inxusto e de recuperar e defender os nosos dereitos é mediante a unidade de toda a clase traballadora e todos os estudantes. Porque se os traballadores da limpeza de Lugo foron quen de botar abaixo os plans da súa empresa, se os traballadores de Coca-Cola en Fuenlabrada foron quen de impedir que se aplicase un ERE sobre a plantilla, se os veciños de Gamonal foron quen de parar a destrución do seu barrio... que non poderíamos facer todos xuntos?
Por iso, o Sindicato de Estudantes chamamos a toda a xuventude a participar activamente nas convocatorias das Marchas da Dignidade, que son un verdadeiro exemplo de loita e unidade, que teñen que servir coma un novo paso para lograr frear os ataques e recuperar todos os nosos dereitos.
O Sindicato de Estudantes está xa convocando activamente as marchas, empapelando facultades coma a de Ciencias políticas, de Compostela, chamando a participar nas mobilizacións
TODOS E TODAS ÁS RÚAS O DÍA 6!!!
OCUPEMOS O OBRADOIRO O 29-N!!